OurenseÚltima hora

Detido un home na provincia por ameazas, tras realizar un disparo cunha escopeta de caza

Publicidade

 

A Policía Nacional de Ourense detiña na tarde de onte a unha persoa residente na localidade de Arrabaldo, quen, tras discutir cuns veciños, foise ao seu domicilio para regresar cunha escopeta de caza.

“Ao chegar de novo xunto aos veciños cos que discutira, efectuou un disparo, caendo outro cartucho ao chan sen percutir, fuxindo estes a a carreira para evitar ser alcanzados. Na fuxida, un dos veciños, que ía escapando por enriba do tellado dunha granxa, ao saltar ao chan desde o mesmo, causouse lesións nun dos nocellos, tendo que ser asistido medicamente”, segundo informa a Policía Nacional.

O detido, de 69 anos, natural de Ourense, fixo entrega voluntariamente da arma que utilizara, así como doutra arma longa que tiña no seu domicilio. Tiña permiso de armas para as dúas.

Unha vez oída a súa declaración, o detido foi posto a disposición xudicial, que decretou o seu ingreso en prisión.

Artigos relacionados

Back to top button