ConcellosO BarcoÚltima hora

Detido un home por estafar a un barquense na suposta compra dun Iphone

Publicidade

 

A Policía Nacional vén de identificar e deter ao autor dunha suposta estafa a un home do Barco de Valdeorras, na compra dun teléfono Iphone por importe de 750€. A principios do mes de febreiro, unha persoa denunciaba no Barco de Valdeorras que ao ter á venda na internet o seu teléfono Iphone 11, contactou con el un home chegando a un acordo para a compra do terminal que o denunciante ofrecía, quedando en verse persoalmente para a entrega do mesmo, tal e como informaba esta mañá a Policía Nacional.

Estando xuntos, a persoa mostroulle ao barquense “como estaba a facer a través da banca en liña, o que parecía a transferencia do diñeiro para o pago do teléfono, polo que o denunciante fíxolle entrega do mesmo, crendo que dita transferencia tardaría uns días en facerse efectiva; pero finalmente o diñeiro nunca chegou á súa conta”, segundo a Policía Nacional.

Unha vez identificado o autor, o mesmo aceptou comparecer voluntariamente en dependencias policiais, quedando en liberdade tras prestar declaración, pendente de ser citado pola Autoridade xudicial.

O detido, de 22 anos de idade, natural de Ourense, fora detido recentemente por feitos similares.

Artigos relacionados

Back to top button