OurenseÚltima hora

Detido un home, tras unha persecución en coche por Ourense, por delito contra a seguridade viaria e danos

O detido lesionaba levemente a tres axentes e causaba danos en dous vehículos policiais

 

A Policía Nacional de Ourense detiña na mañá de onte a un veciño da cidade despois de que este  collese sen permiso o vehículo familiar que se atopaba sen seguro nin ITV ao día. “Cando o vehículo denunciado foi localizado nas inmediacións da Alameda da Ponte, comezou unha fuxida por distintas rúas da cidade, saltándose semáforos en vermello e mesmo circulando en dirección prohibida pola rúa Curros Enríquez. Finalmente puido ser interceptado na N-120 dirección Vigo tras chocar contra o noiro da vía”, segundo informa a Policía Nacional.

Ao tratar de impedir que o vehículo puidese volver á vía, “interpoñéndolle un vehículo policial por cada lado, esta persoa os envistiu repetidamente tentando continuar a fuxida, ata que finalmente púidose inmobilizar o coche e reducir ao seu ocupante”, indica a Policía Nacional.

Na intervención resultaron danados, ademais do vehículo utilizado para a fuga, os dous vehículos policiais, resultando feridos leves tres axentes. O detido foi posto a disposición xudicial, quedando en liberdade pendente de xuízo.

Artigos relacionados

Back to top button