ConcellosO BarcoSen categorizarÚltima hora

Detido un veciño do Barco como presunto autor dun roubo con forza

O detido ten antecedentes por roubos

 

A Garda Civil do Barco detivo a un veciño da localidade de 48 años, como presunto autor dun delito de roubo con forza que tiña lugar na noite do 30 de decembro nunha carpintería do Barco. Segundo apuntan dende as forzas de seguridade, o suxeito apoderábase de ferramentas por valor de 1.500 euros tras forzar unha porta e acceder a un alpendre.

O detido, que segundo os datos facilitados pola Garda Civil, ten antecedentes por roubos, era interceptado o día 7 de febreiro cando ía pola rúa cunha motoserra que foi recoñecida polo propietario da carpintería como súa.

O caso está no Xulgado Número 2 do Barco de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button