OurenseÚltima hora

Detidos dous ourensáns nunha operación contra o tráfico de drogas

A Policía Nacional detén a dous homes, presuntos autores dun delito contra a saúde pública, e rexistra catro domicilios na capital provincial

Foto tomada tras a intervención policial.

 

O Grupo de Estupefacientes da Policía Nacional, en colaboración con Seguridade Cidadá, detivo a dous homes de 34 e 24 anos de idade, naturais da cidade de Ourense e con detencións anteriores por un presunto delito contra a saúde pública.

Os axentes detectaron o seu vehículo á entrada da capital e, despois de realizar o rexistro pertinente, interviron na guantera do vehículo un total de 1.950 euros en billetes fraccionados, 64 euros en moedas, 115 euros en billetes nun bolsillo dos detidos, 103 gramos de cocaína en rocha e 207 gramos de metanfetamina ocultos entre a tapicería e a chapa do maleteiro.

O día 9 de xullo ás 10:50 horas da mañá, axentes de policía do Grupo de Estupefacientes xunto con axentes de UDEV realizaban catro rexistros domiciliarios en Ourense dentro dunha operación contra o tráfico de drogas. Incautáronse de diñeiro, unha prensa hidráulica con tres chapas metálicas, un molde cadrado de prensa, 36 gramos de marihuana ocultos nun arcón, un muíño eléctrico con restos de cocaína, unha arma tipo ametralladora, unha defensa de goma, unha máquina de diágnose de vehículos, unha pistola detonadora, unha pistola eléctrica Tasser, uns grilletes, 42 cartuchos do calibre 22, cinco cadeas e pendentes de ouro e demais efectos e ferramentas.

 

 

Fotografía dun dos domicilios intervidos. / Foto: Policía Nacional.

 

Fotos: cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button