En portadaÚltima horaVídeos

Devoción e tradición na Romaría do Pai Eterno en Lardeira (Carballeda de Valdeorras)

 

Festa popular, pero tamén unha fonda devoción. Numerosas persoas acudían neste 4 de xuño á romaría do Pai Eterno de Lardeira (Carballeda de Valdeorras), cuxo acto central era a procesión. Malia que durante a mañá chovía, ás 12:30h. cesaba a auga, e isto permitíalle a veciñanza sacar as imaxes do Pai Eterno e a da Virxe polas rúas da localidade.

 

 

A misa estivo oficiada por tres sacerdotes, dous deles eran o párroco de Lardeira, Juan José Prieto, e o arcebispo emérito de Santiago, Julián Barrio, que lle agradeceu a Prieto telo convidado, algo que fixo a través de Isidro García Tato.

No decurso da celebración relixiosa interpretábanse os “Gozos” do Pai Eterno, cunha serie de estrofas que interpretan, de forma alterna, mulleres e homes. Unha tradición que monseñor Julián Barrio lles animou a manter viva (vídeo Carlos G. Hervella).

 

 

Na celebración relixiosa participaban numerosas persoas, algunhas das cales chegaban andando en peregrinación.

Fotos e vídeo cedidos.

En breve ampliarase galería fotográfica.

 

Artigos relacionados

Back to top button