CulturaCulturaÚltima hora

Dez folións participarán na xuntanza organizada polos Arrieiros, o 15 de febreiro en Petín

 

Folión Os Arrieiros na xuntanza do ano pasado en Petín./ Foto: Arquivo Carlos G. Hervella.

 

Petín segue quentando motores para o Entroido 2025 que vivirá a semana grande entre finais de febreiro e principios de marzo.

Así, quince días despois da primieira xuntanza de folións, o sábado 15 de febreiro terá lugar a segunda, desta volta organizada polo Asociación Arrieiros de Petín. Será a partir das catro da tarde e contará con dez folións.

Non faltan á cita o Folión de Buxán, Os Labregos de Trives, O Tameirón, Chandrexa, O Irrio de Castro Caldelas e A Caniceira de Trives, incorporándose este ano O Fiadeiro (antes As Maceiras de Trives), o Folión de Sobrado e o Folión de Valdín-Porto, de recente creación. Os Arrieiros de Petín, os anfitrións, tamén desfilarán polas rúas do pobo, adiantando que este ano haberá sorpresas.

 

Artigos relacionados

Back to top button