EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Dez viños da D.O. Ribeiro resultan distinguidos nos Bacchus 2022

Cedida.

 

A D.O. Ribeiro álzase cun Gran Ouro, oito Ouros e unha Prata no XX Concurso Internacional de Viños Bacchus 2022, celebrado do 25 ao 28 de abril en Madrid. Ramón do Casar Nobre 2020 recibiu un Gran Ouro do concurso, ademais de serlle outorgado o premio VINOFED na categoría de viños brancos. As mostras merecedoras dos galardóns do xurado en obter o Bacchus de Ouro foron Pazo do Mar branco 2021, Deseu 2021, Pazo Tizón branco 2020, Ramón do Casar Treixadura 2021, Ramón do Casar Godello 2020, Gran Alanís 2021, Amavida 2021 e Amadeus Treixadura 2021. O viño Catro Parroquias 2021 foi distinguido cunha prata no certame.

O presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares, comenta que “nos enorgullece que os nosos viños e adegas sexan recoñecidos en todos os concursos de relevancia tanto a nivel nacional como internacional, iso significa que o camiño que iniciamos está ben canalizado e así continuaremos día a día”.

Máis de 1.700 viños participaron na cata concurso organizada pola UEC (Unión Española de Catadores) ante un gran elenco de máis dun cento de catadores profesionais, xornalistas especializados, catadores, enólogoes/enólogos, Masters of Wine e Masters of Sommelier internacionais en representación vinícola dos cinco continentes.

Concurso Bacchus

Bacchus é o único concurso internacional de viños en España que pertence na actualidade a VINOFED, a federación que integra aos máis reputados concursos a nivel mundial. A iso únese o feito de estar recoñecido pola Organización Internacional da Viña e o Viño (OIV) e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA) de España.

Artigos relacionados

Back to top button