CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Día da Paz no CEIP Condesa de Fenosa: un alegato a prol do dereito á educación das mulleres no mundo

Publicidade

 

Este ano, no CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras quixemos facer do Día da Paz un alegato a prol do dereito á educación das mulleres no mundo. Para iso, o alumnado investigou e puido comprobar “como en moitos países do noso planeta se ve comprometido o acceso á educación das mulleres por diferentes motivos”, aseguran dende o centro.

 

 

Así, o acto central celebrado no patio do colexio na mañá deste venres 28 de xaneiro, consistiu en colgamento de grous e grúas cos desexos individuais de paz e educación en igualdade para todos; xunto á solta de globos con helio que levaban colgados grous e grúas xigantes cos desexos colectivos que quixeron espallar polo mundo.

 

 

“A elección dos grous foi pola historia de Sadako, unha nena xaponesa enferma no hospital á que os seus compañeiros decidiron facerlle mil grúas de papel para que sanase”, puntulizan dende o centro escolar barquense.

Fotos: CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa.

Artigos relacionados

Back to top button