ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

“Día de la Banderita” de Cruz Vermella, na Rúa

Este ano a campaña de recadación celébrase a beneficio da infancia. No Barco será o día 15

 

Baixo o lema “Un día para apoiar á infancia”, Cruz Vermella celebra a súa campaña da “Banderita” nas rúas de distintas localidades da provincia de Ourense.

Como é habitual nesta tradicional cita, voluntariado da organización sae á rúa coas huchas de Cruz Vermella para solicitar colaboración económica por parte da poboación, neste caso a beneficio da infancia.

 

Cartel da campaña deste ano.

 

A primeira das citas deste ano tiña lugar na Rúa na mañá de hoxe, 7 de novembro (día de feira en Fontei), cunha mesa de Cruz Vermella diante do Concello (praza José Antonio Míguez Freire) e voluntarios espallados pola vila.

A seguinte data marcada no calendario será o 9 de novembro en Ribadavia, para continuar o 11 na Mezquita e na Gudiña. O 13 de novembro celebrarase na cidade de Ourense, así como en Viana do Bolo, Vilariño de Conso e Paderne de Allariz; o 14 será no Carballiño, Celanova e Xinzo de Limia, para finalizar a campaña o día 15 no Barco de Valdeorras, Allariz, Riós e Verín.

Fotos: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button