DeportesTenisÚltima horaVídeos

Diego Blanco, capitán do CT Rúa, campión absoluto do Torneo de Aninovo do Club de Tenis D10 de Lugo

O Club Tenis Rúa terá, por primeira vez en máis de 40 anos de historia, un equipo filial

 

Cun bo resultado comezaba o ano o Club Tenis Rúa. O seu capitán, Diego Blanco, proclamábase campión absoluto do Torneo de Aninovo do Club de Tenis D10 de Lugo. “Despois de vencer en semifinais a David Barreiro por 7-5/6-4, derrotaba na final a Darío Vila por 6-1/6-3”, explican dende o club rués que o vindeiro 18 de xaneiro comezará a disputar a liga galega absoluta de tenis na categoría de Primeira División.

 

 

Ademais e por primeira vez en máis de 40 anos de historia, o Club Tenis Rúa terá un equipo “B” que xogará na Quinta División, tal como adiantan dende o club.

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button