Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Diego de la Torre (Peña Trevinca Barco) fai podio no Campionato Galego de Orientación en MTB

Era terceiro na categoria sénior M-21 na modalidade Sprint

Diego de la Torre no podio.

 

A piques de rematar o ano 2023 de orientación, na xornada do sábado 11 de novembro disputábase na localidade coruñesa de Coirós o campionato galego na modalidade de MTB-O (bicicleta todo terreo), co que se poñía fin á tempada nesta modalidade.

“Nun día chuvioso e onde os camiños embarrados pola auga caída nos días anteriores dificultaban o desprazamento e a elección das rutas máis convintes, o noso club participou na proba cun representante, Diego de la Torre Herrera, que conseguía o 3º chanzo do podio na categoria sénior M-21 na modalidade Sprint”, explican dende o Club Peña Trevinca Barco, destacando o labor realizado por Diego “nunha disciplina na que o club apenas ten representantes”.

 

Un momento da competición.

 

A orientación despedirase o vindeiro domingo 26 de novembro na localidade coruñesa de Porto do Son, co campionato galego de substitucións e coa entrega dos trofeos da liga 2023, nas modalidades de O-Pé e Sprint.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button