DeportesEnduroÚltima hora

Diego Teixeira imponse en Trofeo Nacional, na carreira de enduro extremo disputada en Guadalaxara

O piloto barquense subía ao alto do podio, por diante de Fernado Soler e Dani Subirats

 

Diego Teixeira Fernández é un gran afeccionado ás motos aínda que non foi ata que empezou a traballar e pudo comprar a súa propia, cando este barquense empezou en serio neste deporte. Sempre o fixo na modalidade de enduro onde actualmente compite na categoría elite, e dende hai un tempo tamén en enduro extremo, unha modalidade moito máis dura na que se está probando e que se lle dá realmente ben.

Nos últimos meses participaba na Morcegos Extreme e na Galo’s Extreme, ámbalas dúas en Portugal e con bos resultados, e nesta fin de semana subía ao alto do podio na terceira proba da Copa de España de Hard Enduro celebrada en Guadalaxara, cun percorrido apto para todos os niveis sen esquecer a esencia do enduro extremo.

 

O barquense Diego Teixeira no alto do podio en Guadalaxara.

 

A clasificación empezaba o sábado 6 de novembro ás nove da mañá e tal como explica o propio Diego, tiñan dous intentos para facer a mellor volta rápida. “Na primeira xa se me deu ben pois o terreo estaba todo seco e había moita tracción, necesaria xa que o terreo contaba con moitas subidas con moita inclinación que non daban marxe de erro”, conta o piloto do Barco que na segunda tanda lograba sentirse cómodo tanto coa moto coma co terreo logrando facer a pole, “primero e moi contento”, di.

Na xornada do domingo 8 de novembro disputábase a carreira propiamente dita que non comezaba moi ben. “Saiamos en liña de 25 pilotos e ao baixar a bandeira non metín ben a marcha polo que quedei en punto morto e derdín moitas posicións”, di Diego, recoñecendo que chegou ata a 12ª. Así e todo, comezou a remontar ata chegar ao primeiro posto, adxudicándose a vitoria en Trofeo Nacional Sénior, por diante de Fernando Soler, primero en Máster, e Dani Subirats.

A cuarta e última proba da RFME Copa de España de Hard Enduro 2021 disputarase os días 4 e 5 de decembro en Infiesto (Asturias).

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button