Galerías de fotosÚltima hora

Disfrutar do fútbol comendo castañas

O Centro de Deportes Barco convida ao magosto no partido C.D.Barco-Arenteiro

Seguindo a tradición, dende o 1 de novembro os diferentes barrios, asociacións e clubs veñen celebrando os seus particulares magostos. O Centro de Deportes Barco non foi menos e convidou aos asistentes ao encontro C.D. Barco-Arenteiro, a degustar castañas recén asadas.

Así pois, os afeccionados que na tarde do domingo 9 de novembro se achegaron ata o campo de fútbol de Calabagueiros, no Barco de Valdeorras, puderon disfrutar dun intenso partido de preferente, ao tempo que saboreaban uns bos bullotes.

Ao final, e malia a merenda, a 11ª xornada de liga non foi deportivamente positiva para os locais que rompían a racha de vitorias, perdendo pola mínima ante o Arenteiro. Con todo, os de Javier Rey mantéñense na metade superior da clasificación, no sexto posto, empatados a puntos co cuarto e quinto clasificado e a seis puntos do líder, o Portonovo.

Artigos relacionados

Back to top button