ConcellosSan Xoán de RíoTrivesÚltima hora

Disólvese a agrupación voluntaria de Río e Trives para un único posto de secretaría-intervención

Os concellos da Pobra de Trives e San Xoán de Río acordaban aprobar definitivamente a disolución da agrupación voluntaria para o sostemento en común dun único posto de traballo reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional de secretaría-intervención e remitir o expediente á Dirección Xeral da Administración Local da Xunta de Galicia.

Tras o correspondente proceso administrativo, esta disolución vén de publicarse no Diario Oficial de Galicia (DOG) deste 7 de novembro nunha disposición da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Artigos relacionados

Back to top button