ConcellosO BarcoÚltima hora

Disvalia celebra o Día Internacional das Persoas con Discapacidade cun posto de flores na praza do Concello do Barco

 

Como cada ano con motivo do Día Intenacional da Discapacidade que se conmemora o 3 de decembro, Disvalia (Persoas con Discapacidade de Valdeorras Asociadas) sae á rúa para dar a coñecer a asociación.

Así o facían na mañá deste sábado día 2 de decembro, instalando na praza do Concello do Barco de Valdeorras, un posto con información e flores no que están varias socias do colectivo coa presidenta Begoña Dacal á fronte.

 

 

A iniciativa ten como obxectivo concienciar á xente sobre a problemática que sofre a xente con discapacidade e tamén recadar cartos para a asociación coa venda de flores de inverno (cedidas por Esnat), entre elas as tradicionais de Nadal.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button