ConcellosO BarcoÚltima hora

Disvalia recibe unha aportación de 4.000€ para crear un banco de aparatos de ximnasia

CaixaBank concede a través da súa obra social, esta axuda ao colectivo de Persoas con Discapacidade de Valdeorras Asociadas

 

O Colectivo de Persoas con Discapacidade de Valdeorras Asociadas, Disvalia, vén de recibir unha nova aportación económica de CaixaBank, a través da súa obra social. Nesta ocasión será para un proxecto de creación dun banco de axudas técnicas para actividades e exercicios de ximnasia adaptada para os seus asociados e a doazón realizada pola entidade bancaria ascende a 4.000 euros.

Este banco de aparatos ximnásticos comezará “pola adquisición dunha mesa de fisioterapia, unha cinta eléctrica e unha bicicleta estática adaptada. Con iso facilitarase o coidado de exercitar o corpo e beneficiando por tanto á persoa con discapacidade que poderá contar con axudas técnicas que faciliten a mobilización e coidado das súas enfermidades. Deste xeito os nosos socios achéganse a recursos que garanten o benestar da persoa con discapacidade/dependencia no seu entorno máis próximo”, tal e como informan dende Disvalia, que actualmente conta con 28 socios na comarca de Valdeorras.

A colaboración entre a asociación e a entidade financieira facíase pública no mediodía deste 14 de xullo na propia sucursal bancaria, no Barco de Valdeorras, nun acto ao que asistían, xunto a outros membros de Disvalia, a súa presidenta de Disvalia, o alcalde do Barco, Alfredo García; a directora da oficina de CaixaBank no Barco e o subdirector da mesma.

 

Artigos relacionados

Back to top button