CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Divertida e didáctica mañá de teatro en inglés, no Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa

 

Traballar a comprensión oral no contexto dunha representación e achegar ao alumnado ao mundo do teatro. Son as dúas finalidades das sesións de teatro en inglés celebradas na mañá deste xoves 9 de febreiro no Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa.

Organizado polo departamento de Inglés de Primaria e co obxectivo de que os alumnos desenvolvesen as súas destrezas de audición e comprensión en inglés de forma lúdica, todo o colexio, dende a gardería ata 2º de Bacharelato, asistía a unha divertida representación teatral da man da compañía Omis. “Cada ciclo asistiu a unha obra acorde coa idade”, explica a profesora de inglés Rocío Illesca, puntualizando que os actores interactuaban co público, subindo a algúns alumnos ao escenario. “Pasaron unha mañá diferente e divertida ao mesmo tempo que aumentaban o seu nivel de inglés”, conclúen dende o centro.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button