CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Divertida tarde de títeres á beira do Sil con ‘Don Gaiferos e o Dragón’, no Barco

A compañía Títeres Cachirulo actuaba na tarde deste xoves 8 de setembro no maco das Festas do Cristo

 

Aínda que a apertura oficial será mañá coa lectura do pregón e o chupinazo, as Festas do Cristo 2022 do Barco de Valdeorras comezaban xa na tarde de onte coa Ludoteca Móbil da Deputación, deslucida pola chuvia; e continuaba hoxe con outra proposta para o público familiar.

Á beira do río Sil, no malecón barquense, desta volta cunha temperatura óptima e un brillante sol, a compañía de monicreques Títeres Cachirulo, presentaba o seu proxecto ‘A Compostela polas rutas xacobeas’, encadrado dentro do programa de promoción e dinamización O Teu Xacobeo.

 

Un cativo retratado nun dos retablos do Camiño de Santiago.

 

Diante de numeroso público (cativos de diferentes idades acompañados por familiares), asistían a unha divertida representación da obra ‘Don Gaiferos e o Dragón’ que narra as aventuras do famoso personaxe ed dos seus compañeiros máis salientables do Camiño de Santiago.

O espectáculo inclúe un obradoiro para a construción dun monicreque e diferentes retablos sobre o xacobeo nos que retratarse.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button