CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Dj Kiko Rivera conquista ao público na Sala Baranda (O Barco)

 

A presenza do mediático Kiko Rivera na Sala Baranda, no Barco, non pasou desapercibida, creando unha gran expectación. De feito en tan só dúas horas acabábanse as 115 entradas que o local puxera á venda, quedando moita xente sen ela.

Kiko Rivera durante a sesión na Sala Baranda.

 

E xa na noite deste venres, 24 de setembro, entre grandes medidas se seguridade anticovid, o fillo de Isabel Pantoja e Paquirri subíase ao escenario da sala para pinchar durante case dúas intensas horas nas que conquistaba ao público. “Saíu todo moi ben, controlando en todo momento que a xente non quitara as mascarillas e Kiko portouse de 10, sacándose fotos e falando con todo o mundo antes do evento”, aseguran dende o Baranda, adiantando que “volverá cando a situación sanitaria se normalice e as máis de 800 personas que quedaron sen entrada, poidan ter oportunidade de velo”.

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button