EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaVídeos

Do 12 ao 20 de xaneiro celebrarase a XII Ruta de Pinchos do Barco, con 18 locais de hostalaría

Cada pincho terá un prezo de 2,5 euros e o público poderá votar a súa proposta favorita e entrar nun sorteo de 4 ceas para 4 parellas

 

Preto de vinte propostas diferentes poderásn degustarse na “XII Ruta de Pinchos O Barco vai de viños”, prevista do 12 ao 20 de xaneiro. Este percorrido gastronómico será ademais a mellor antesala da XXI Festa do Botelo, que se recupera neste 2023 tras un parón de dous anos.

A ruta, que se presentaba esta mañá na praza do Concello do Barco, contará nesta edición con 18 establecementos de hostalaría de diferentes partes da vila, que ofertarán suculentas e orixinais suxerencias culinarias a un prezo de 2,5 euros (o que supón 50 céntimos máis que na pasada edicióni). Esta iniciativa, que goza dunha excelente acollida, será promovida novamente pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), polo Barco Centro Comercial Aberto (CCA) e polo Concello do Barco.

 

 

A presidenta de AEVA, que agradecía a colaboración dos hostaleiros, explicaba que a ruta estará estruturada en tres zonas, que levan o nome doutras tantas variedades de uvas valdeorresas (mencía, godello e garnacha). “O público poderá votar aos mellores pinchos e decidirá aos catro mellores, pero logo será un xurado profesional o que se encargará de establecer, dentro deses catro, cal será o primeiro premio, o segundo, o terceiro e o finalista desta edición”.

Os detalles de cada un dos pinchos da ruta figuran nun folleto informativo editado pola organización, no que se inclúe un mapa dos establecementos participantes, coa súa ubicación en cada unha das zonas e co pincho que ofrecen.

 

 

Pola súa banda o presidente do CCA, Jacobo Arias, que tamén destacaba o apoio dos hosteleiros, comentaba a mecánica de participación na ruta, de xeito que as persoas que a fagan terán que selar o seu boleto nun mínimo de 5 establecementos (sendo polo menos 1 de cada unha das tres zonas), o que lle permitirá entrar no sorteo de catro ceas para catro parellas. Ao mesmo tempo, poderán votar ao pincho que máis lles guste, e ese boleto deberán depositalo selado nas urnas instaladas nos establecementos participantes ata o 21 de xaneiro.

 

 

O acto finalizaba coa intervención do alcalde do Barco, Alfredo García, quen aludía a boa acollida que ten sempre esta iniciativa, “é un éxito por parte da hostalaría e da xente”. Tamén indicaba que comezan “o que eu chamo os 2 meses grandes da gastronomía no Barco, coa ruta dos pinchos, a festa do botelo e as xornadas gastronómicas que se prolongarán ata febreiro”.

Fotos e vídeo: Carlos G .Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button