CulturaCulturaÚltima hora

Do desfile “Arde Loucos” á espectacular loita de gladiadores en Qui-Roma

 

Era unha das citas máis sinaladas do amplo e variado programa da “VIII Qui-Roma. Festa castrexo-romana”, que se desenvolvía o 19 de agosto en Quiroga. Multitude de persoas se congregaban en torno á rúa central da vila para ver de preto aos soldados romanos, aos castrexos ou aos gladiadores que formaban parte deste cortexo festivo pola vía Rex (dende a Casa da Cultura pola rúa Real de Quiroga) que remataba nas proximidades do Auditorio, onde se daba paso á loita de gladiadores.

 

 

Neste desfile participaban castrexos e romanos, representados por figuras propia desta festa como Cachelus ou Melenisa, así como os gladiadores, a garda romana, a Gandería de Mario Nogueira e unha comparsa de exipcios, xunto cun numeroso público caracterizado de castrexo ou de romano.

 

 

Unha vez na praza do Auditorio, os participantes no desfile preparábanse para dar paso a agardada contenda de gladiadores que se desenvolvía no anfiteatro. Nela loitaban castrexos, nalgúns casos mulleres, contra romanos.

 

 

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/gran-ambiente-en-quiroga-para-celebrar-a-viii-festa-castrexo-romana/

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button