ConcellosQuirogaÚltima hora

Gran ambiente en Quiroga para celebrar a VIII Festa Castrexo-Romana

 

Na xornada deste sábado 19 de agosto a vila de Quiroga retrocedía dous milenios no tempo para converterse en Qui-Roma, onde recrear e vivir unha anima festa castrexo-romana con multitude de xente caracteriada, tanto de romanos como de castrexos e mesmo exipcios.

 

 

A iniciativa, promovida pola Asociación Qui-Roma en colaboración co Concello de Quiroga, inclúe cada ano un variado e completo programa dende primeira hora da mañá ata a madrugada con todo tipo de actividades. Dende o tradicional mercado, pasarrúas e actuacións musicais ata espectáculos circenses, obradoiros e exhibicións entre os que non faltaban os Bois de Mario Nogueira, presentes polas rúas e durante o desfile.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/do-desfile-arde-loucos-a-espectacular-loita-de-gladiadores-en-qui-roma/

Artigos relacionados

Back to top button