CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Dobre sesión de teatro dos Furafollas, na recta final das ‘Noites de Florencio’ en Córgomo (Vilamartín)

 

Na noite do venres 19 de agosto Os Furafollas volvían conquistar ao público no Córgomo natal de Florencio Delgado Gurriarán, no concello de Vilamartín de Valdeorras.

A agrupación de teatro barcelonesa liderada por Anxo Baranga colaborou dende o seu inicio nas Xornadas de Teatro de Córgomo que devolveron o poeta á actualidade e das que son herdeiras as ‘Noites de Florencio’ que chegaron xa á recta final.

 

 

A actuación do venres comezaba na Aira dos Bolos de Córgomo, onde o o público foi convidado a percorrer a vila para ir atopando diferentes propostas escénicas nun novo teatro encontro con Florencio. Para iso, os seus integrantes (nesta ocasión Anxo Baranga fixo ás veces de coordinador) repartíronse por Córgomo para ir botando contos, favorecendo a interacción co público e a espontaneidade.

Os Furafollas volvían actuar ao día seguinte, sábado 20 de agosto na praza da Airas, con outra proposta escénica ‘A taberna canto conto’, un formato tamén moi interactivo.

Fotos cedidas por Anxo Baranga.
Vídeo: As Letras de Florencio

 

Artigos relacionados

Back to top button