CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

Dobre sesión de teatro en inglés no colexio San Pablo VI-Fátima da Rúa

 

Organizada polo departamento de Inglés de Primaria, na mañá deste xoves 1 de febreiro celebrábanse unha divertida e didáctica actividade no Colexio San Pablo VI-Fátima da Rúa.

Da man da compañía madrileña Producciones Omis que xa se achegara o ano pasado ao centro escolar rues, se desenvolvía a representación de dúas obras de teatro en inglés coas que os cativos aprenderon e riron a partes iguais. A primeira sesión era a obra Peter Pan e a capa máxica para os máis pequenos (Infantil e os primeiros cursos de Primaria); e a segunda Call me para os alumnos de 5º e 6º de Primaria e ESO.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button