Deportes

Dobre vitoria para o Auriense F.G. no campo da Universidade de Ourense

Os equipos masculino e feminino vencían a Ártabr@s de Oleiros

Dous de dous. Na tarde do 12 de novembro, xogábase no campo da Universidade de Ourense, unha nova xornada da liga galega de fútbol gaélico masculino e feminino, entre o Auriense F.G. e Ártabr@s de Oleiros, con vitoria para os dous equipos locais.

Os rapaces conseguían “unha gran vitoria contra un equipo que chegou con numerosas baixas e que aguantou o tirón físico ata o descanso”, din dende Ourense. E de novo, gran acerto dos ourensáns cara portería, vencendo 0-12 (42)-1-6 (9).

En canto ao conxunto feminino, o resultado 2-13 (19)-2-02 (8) “non reflicte a igualdade durante todo o encontro, que soamente se rompeu na súa fase final”, aseguran dende o club ourensán, calificando de “gran xornada” a vivida esta fin de semnaa, con bastante público na bancada para un deporte que cada vez xenera máis expectación.

Artigos relacionados

Back to top button