DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Doce títulos para o Fluvial Barco nas regatas españolas e galega de augas bravas no Sil

O Montaña Quixós, de Monforte de Lemos, proclámabase campión do descenso autonómico de augas bravas

Ao pé de río remataban as catro probas de descenso de augas bravas que na fin de semana do 21 e 22 de maio se desputaban no Sil ao seu paso polo Barco. Eran a Copa España de Descenso sprint individual, o Campionato de España sprint por patrullas, a Copa de España clásica individual e o Campionato galego de descenso de augas bravas.

Tras a competición, as beiras do Sil no Malecón acollían a entrega de premios na que os membros do Fluvial Barco se subían ata en doce ocasión ao podio en diversas categorías. No caso do galego de augas bravas o Club Montaña Quixós de Monforte de Lemos (Lugo) facíase co título, sendo subcampión o Fluvial Barco, mentres que a terceira posición correspondíalle ao Club Fluvial Lugo.

A entrega de premios, na que estivo presente o concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso, concluía cunha serie de agradecementos por parte do organizador destas citas deportivas, o Fluvial Barco. Así expresaba o seu agradecemento a Protección Civil, a Ambulancias Sil e ao Concello do Barco, así como as persoas do club que prestaron o seu apoio para facer posible estes catro eventos deportivos.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Máis fotos:
https://osil.info/copa-espana-clasica-individual-no-rio-sil-en-imaxes/

Artigos relacionados

Back to top button