Da man do colectivo Valdeorras Infinda e da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, na tarde do 26 de xaneiro proxectábase na sede desta entidade na Coruña o documental “Covas de Valdeorras”.
Ademais de ver o filme, realizado dende a Ruta do Viño de Valdeorras, tamén tiña lugar un coloquio coa súa directora, Cristina de la Torre, seguida dunha cata de viños e da actuación musical do valdeorrés Paco Campos.
Fotos cedidas.