A RúaConcellosÚltima hora

Domingo de pesca no encoro de San Martiño, na Rúa

A Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras celebra o selectivo para o campionato autonómico de auga doce

 

Malia o fresca que amencía a mañá deste domingo 27 de xuño, preto dunha decena de pescadores da Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras asistían ao selectivo no encoro de San Martiño, na Rúa, para participar no campionato autonómico de auga doce que se celebrará no mesmo entorno, no vindeiro mes de xullo. Dos oito participantes unicamente poderán participar cinco.

A competición celébrase en dúas mangas, de mañá e tarde polo que tralo descanso para xantar, retomarase a competición.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button