ConcellosTrivesÚltima hora

Domingo de Ramos na igrexa parroquial da Pobra de Trives

 

A celebración da entrada de Xesús en Xerusalén o Domingo de Ramos marcaba o inicio da Semana Santa tamén na parroquia da Pobra de Trives.

E facíao na mañá deste domingo 2 de abril coa tradicional bendición de ramos á entrada da igrexa seguida da eucaristía á que asistían numeroos fieis con ramos e palmas.

 

 

A seguinte cita relixiosa na capital da comarca Terras de Trives será o Xoves Santo. Ás 18 horas será a eucaristía Cea do Señor e acto seguido trasladarase o Santísimo ao Monumento para a súa adoración. Ás 21 horas celebrarase a Hora Santa e ás 22 horas pecharase a igrexa. Ese día a colecta será para Cáritas.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button