SanidadeÚltima hora

Dos 198 test feitos onte no punto de cribado de Covid no Barco, 12 daban positivo

Nos tres puntos de cribado da provincia facíanse na xornada do domingo 1.618 test e detectábanse 75 positivos

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco está sendo unha das áreas galegas cun maior número de test de Covid realizados, tanto por número de probas como por poboación. Así nos últimos 7 días realizábanse 12.304 PCRs (con 2.170 positivos, un 17,64%) e 14.988 test de antíxenos (1.619 positivos, un 10,80%), segundo os datos feitos públicos esta mañá pola Consellería de Sanidade.

 

 

Así, tan só na xornada de onte, domingo, nos tres puntos de cribado de acceso libre existentes na provincia facíanse un total de 1.618 test nos que saían á luz 75 positivos. No Espazo Xove de Ourense realizábanse 1.094 test que revelaban 12, no punto do Hospital Valdeorras no Barco facíanse 198 test e detectábanse 12 positivos e, xa no Hospital de Verín, realizábanse 326 test e 51 positivos.

Artigos relacionados

Back to top button