SanidadeÚltima hora

Dos 493 test feitos onte no punto de cribado de Covid no Barco, 62 daban positivo

No total da provincia de Ourense polos cribados pasaban 1.598 persoas e detectábanse 120 positivos

 

Do total de 1.598 persoas que onte, 29 de decembro, realizaban test de Covid nos puntos de cribado existentes na provincia de Ourense, 120 daban positivo, segundo os datos que vén de facer públicos a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco.

Así, no punto de cribado do Barco, no Hospital Público de Valdeorras, facíanse 493, dos que saían 62 positivos, o que supón un 12,57%. No caso do punto de Ourense realizábanse 922 test, nos que se detectaban 33 positivos, un 3,57%. Finalmente, no caso de Verín eran 183 os test realizados e 25 os positivos detectados, un 13,66%.

En total no conxunto da provincia fixéronse 2.583 test de antíxenos onte, incluíndo os que se fan en Centros de Saúde e PACs. Deles saían 295 positivos en total, segundo Sanidade.

Nos últimos sete días foron 11.940 os test feitos na provincia de Ourense, con 947 resultados positivos.

Artigos relacionados

Back to top button