CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Dous alumnos do IES Martaguisela participarán mañá na Olimpíada Informática Galega

ntrada principal do IES Martaguisela do Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades galegas e do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e a Comunicación (CITIC), organiza mañá venres, 10 de febreiro, a Olimpíada Informática Galega 2023 (OIG 2023) na que participarán unha trintena de estudantes de toda Galicia, dous deles do IES Martaguisela, do Barco de Valdeorras.

A olimpíada celebrarase de xeito presencial na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (coa colaboración da Escola Superior de Enxeñaría en Informática do Campus de Ourense da UVigo e da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC). A proba será en horario de tarde, de 17 a 20 horas.

A competición consta dun conxunto de problemas, xeralmente entre catro e seis. Cada problema deberá resolverse empregando unha linguaxe de programación que permita automatizar a súa resolución. Cada problema describirá un escenario onde os participantes deberán desenvolver un programa que o resolva, o que require coñecementos de deseño correcto e eficiente de algoritmos.

Os dous primeiros clasificados na OIG 2023 accederán de xeito directo á fase nacional da XXVII Olimpíada Informática Española (OIE), que se celebrará do 24 ao 26 de marzo en Madrid. De aí, os gañadores poderán acceder á 35ª Olimpíada Internacional de Informática, que se celebrará en Szeged (Hungría) do 28 de agosto ao 4 de setembro.

Artigos relacionados

Back to top button