OurenseÚltima hora

Dous camións con axuda humanitaria sairán o luns dende Ourense cara a cidade polaca de Ladek-Zdroj

 

A deputada Luz Doporto asistiu esta tarde no Parque da Maquinaria da Deputación de Ourense aos preparativos para a saída de dous camións cargados de axuda humanitaria con destino á localidade polaca de Ladek-Zdroj. Esta cidade, que forma parte da European Historic Thermal Towns Association (EHTTA), solicitou material solidario ao resto de integrantes desta rede europea para atender aos refuxiados ucraínos que cruzaron a fronteira empuxados pola invasión rusa.

O material procede de achegas de concellos de toda a provincia e sairá na madrugada do luns 6 de xuño a bordo de dous camións fretados pola Deputación e o Concello de Ourense. A chegada dos vehículos a Ladek-Zdroj está prevista para o xoves 9 de xuño.

A barquense Luz Doporto estivo esta tarde acompañada polo tenente alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea, a edil Eugenia Díaz Abella, responsables da empresa de transporte e traballadores do Parque de Maquinaria da Deputación de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button