DeportesÚltima hora

Dous centenares de ciclistas participarán no 1º Open Xco no Carballiño

A proba celebrarase o sábado, 24 de xuño, e nela pode participar xente dende os 14 até os 60 anos
As probas levaranse a cabo no entorno das Barcias.

Ao redor de 200 ciclistas  de entre 14 e 60 anos, participarán este sábado, 24 de xuño, no 1º “Open Cxo”, que se desenvolverá no entorno das Barcias, no Parque Municipal do Carballiño.

A proba comezará ás 16:30 horas, e rematará ás 20:00 horas. Entre as categorías están: cadete masculino e femenino, junior masculino e femenino, sub 23, élite e grupos de idade máster.

O evento foi presentado hoxe, 20 de xuño, polo concelleiro de Deportes, José Manuel Dacal; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz Nieto, e o presidente de Os Mosqueteiros, Nelson Costa, entre outros directivos do club carballiñés que organiza a proba.

José Manuel Dacal agradeceu que esta proba “tan importante do calendario galego de ciclismo” se trouxese ao Carballiño, e que tiña un gran significado “tanto pola promoción do deporte como da propia vila”. Asemade, dixo que, malia a que a proba non ia supoñer ningún inconvinte de tipo medioambierntal para o parque, íase estudiar a posibilidade de crear “un circuito permanente para este tipo de competición nalgún outro lugar do Carballiño”. Finalmente, agradeceu a colaboración da Policía Local, de Protección Civil e das concellerías implicadas, como Medio Ambiente e Seguridade, entre outras.

Nelson Costa dixo que se trataba dun “gran evento deportivo para o que levan traballando dende hai tres meses”, solicitando permisos e planificando o circuito, e por eso agradeceu a colaboración do Concello e da Federación.

Juan Carlos Muñíz agradeceu aos Mosqueteiros o esforzo realizado, así como a colaboración municipal, e asegurou que “se trata de promover os valores do deporte e de ser moi respectuosos co medio ambiente”. Destacou que é unha modalidade olímpica de ciclismo de montaña e que “resulta moi atractiva para os espectadores”. Ao respecto, convidou á xente do Carballiño a acudir á zona das Barcias, na avenida do Arenteiro, para presenciar a proba. Finalmente, fixo un chamamento sobre a campaña de seguridade vial cos ciclistas que se realiza co lema “EU SON CICLISTA”.

Artigos relacionados

Back to top button