ConcellosO BarcoÚltima hora

Dous cursos de prevención no sector da construción no Barco neste verán

 

O Barco acollerá dous cursos organizados pola Fundación Laboral da Construcción, o organismo paritario para a prevención na construcción, coa colaboración do Concello. Trátase de dous cursos diferentes, un deles é de nivel básico de prevención en construcción, de 60 horas, que se impartirá entre o 5 e o 20 de xullo.

Ademais haberá un curso de prevención para traballos de albanelería, de 6 horas de duración e previsto para o día 21 de xullo.

O prazo de inscrición está xa aberto, e hai 15 prazas para cada un. As persoas interesadas poden anotarse tanto traballadores en activo como en paro, na oficina da técnica de emprego do Concello (Casa Consistorial, planta baixa).

Artigos relacionados

Back to top button