EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Dous empresarios de Valdeorras, na organización dun evento benéfico en favor da Asociación de nenos oncolóxicos galegos

A 5ª edición do 'Rías Baixas Solidario' celebrarase o sábado 17 de decembro no Casino La Toja

 

Creado como un acto benéfico pero tamén para potenciar e dar visibilidade ao traballo dos creadores de xoiería de autor, incorporando posteriormente o deseño de moda, o ‘Rías Baixas Solidario’ nace en 2018 promovido pola firma de xoiería ‘Vida Pirata’ que xestiona o valdeorrés Santiago Prada, apoiando a distintas asociacións de carácter solidario e persoas en risco de exclusión social.

A primeira edición celebrábase no Casino La Toja coa recadación a favor de Yessica Martínez; a segunda edición tiña lugar no concello de Bueu en agosto de 2019 a favor da AECC Pontevedra; a terceira, nun formato diferente pola situación sanitaria foi en agosto de 2020, no Real Club Náutico de Sanxenxo, de novo a favor da AECC Pontevedra, converténdose esta ubicación no escenario da cuarta edición.

 

Modelo nunha edición anterior da gala.

 

E xa neste 2022, o próximo 17 de decembro celebrarase no Casino da Toja, a 5ª edición do festival benéfico. Un evento sen ánimo de lucro que promove a cultura do deseño de moda e xoiería galega, que nesta ocasión colaborará con ASANOG (Asociación de nenos oncolóxicos galegos), co obxectivo de recadar a maior cantidade de fondos posibles a través de empresas colaboradoras.

A actividade é completamente gratuíta para o espectador que poderá degustar un cava de benvida, e desfrutar dunha pasarela de moda e xoiería, ademais de optar a gañar unha serie de agasallos como poden ser unha esmeralda natural de Zambia, un bono de xoiería de 200€, caixas de viño ou degustar un cátering cortesía do propio Casino da Toja e Adegas Godelia (O Bierzo).

 

Promotor e patrocinador da quinta edición da gala.

 

Nesta ocasión, o promotor conta como patrocinador principal con CYR Rivers, empresa de construción valdeorresa, que será a encargada de dar todas as coberturas necesarias permitindo que o 100% de recadación sea doada á causa benéfica.

Fotos cedidas.

 

Cartel da gala.

Artigos relacionados

Back to top button