Rozando as sete da tarde de onte producíase ardía un anexo a unha nave industrial situada preto do Polígono de Barreiros, en San Cibrao das Viñas. “Segundo explicaron os efectivos de extinción, o incendio orixinouse nunha queima de restos que estaban a facer no recinto empresarial e acabou de descontrolarse. O intenso fume chamou a atención dos veciños que axiña contactaron co 112 Galicia para solicitar a intervención dos equipos de extinción”, tal e como informa o 112 Galicia.
Non houbo que lamentar ningún dano persoal, pero os danos materiais son “importantes debido a que o incendio devorou por completo o pendello co material que almacenaba: madeira, papeis e mesmo bidóns con algún líquido inflamable”, continúa o 112 Galicia.
No operativo de extinción participaron os Bombeiros de San Cibrao, GES de Pereiro de Aguiar e voluntarios de Protección Civil. Ademais, contaron coa colaboración dos axentes da Garda Civil.
Incendio nunhas oficinas
Tamén en San Cibrao das Viñas estase pendente doutro incendio nas oficinas dunha nave de rótulos situada na estrada que vai a Madrid. “Trátase dun lume que comezou pasadas as oito desta mañá e, segundo confirmaron os bombeiros, está xa controlado”, citando ao 112 Galicia.
Tampouco neste caso houbo que lamentar danos persoais e no lugar continúan traballando os Bombeiros de San Cibrao e Ourense ata sofocar por completo o lume.
Fotos: FB Bombeiros Deputación de Ourense.