ConcellosRibas de SilÚltima hora

Dous incendios forestais no municipio de Ribas de Sil

 

Son xa dous incendios forestais os que están activos no municipio lucense de Ribas de Sil. Por unha banda, está o lume que se iniciaba ás 21:42h. da pasada noite na parroquia de Nogueira, que, segundo as últimas estimacións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, afecta unha superficie provisional dunhas 140 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 2 técnicos, 9 axentes, 14 brigadas e 15 motobombas.

Ademais, a Consellería do Medio Rural vén de informar dun novo incendio forestal, declarado ás 12:47h. deste luns, na parroquia de Ribas de Sil, cunhas 50 hectáreas de superficie afectada, segundo a última actualización da consellería.

Imaxes cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button