
Tras días libre de virus, o IES Cosme López da Rúa rexistra dous positivos por coronavirus, tal e como informa neste sábado 7 de novembro dende a Xunta de Galicia.
Ademais, no caso do Barco, por terceira xornada consecutiva mantéñense catro positivos nos centros educativos do municipio: a Escola Infantil Los Juglares ten 2, o CEIP Julio Gurriarán 1 e o IES Lauro Olmo outro.
Así mesmo, o IES Xermán Ancochea de Trives continúa con 1 positivo.
Por outra banda, o IES de Quiroga continúa con dous casos activos de Covid e o CEIP San Clodio rexistra un caso.