EconomíaEconomíaÚltima hora

Dous premios para o IES Martaguisela do Barco nas xornadas de micoloxía do Bierzo

Os alumnos de 3º da ESO lograron un primeiro premio e os de 2º un terceiro, co traballo “Cogumelízate”
Alumnos de 2º e 3º da ESO do Martaguisela, cos traballos que participaron nas xornadas micolóxicas.

23 colexios de Valdeorras, Laciana e O Bierzo; 49 profesores; preto de 2.000 alumnos; e preto de 60 premios. Son os datos do acto de clausura da XXII Jornadas Micológicas de El Bierzo que tradicionalmente organiza a asociación Cantharellus na Casa da Cultura de Ponferrada.

A unha gran calidade dos traballos presentados ao concurso escolar únese a calidade humana dos participantes dos colexios que ano tras anos non faltan á cita. Entre eles os alumnos do IES Martaguisela do Barco de Valdeorras que unha vez máis conseguían premio. Nesta ocasión foron dous grupos os que participaron: alumnos de 2º da ESO que lograban o terceiro premio na súa categoría, e alumnos de 3º da ESO que se facían co primeiro premio.

 

O traballo micolóxico dos alumnos do IES Martaguisela.

O traballo conxunto co que sorprenderon ao xurado leva por título “Cogumelízate”. Os de 2º centráronse no apartado decorativo, “Cogumelízate cos nosos complementos”, coa elaboración de diferentes artigos coas setas como referencia (colgantes, brincos e mesmo un bolso e un orixinal sombreiro). Os rapaces de 3º pola súa banda centráronse noutro tipo de útliles comoo orixinais fundas para móbiles, libretas e calendarios, coas setas como protagonistas, baixo o lema “Cogumelízate na nosa papelería”. O proxecto estivo coordinado polas profesoras Belén Vázquez (departamento de Bioloxía) e Mª Teresa Montes (departamento de Física e Química).

 

Os estudantes do Barco, na exposición de cogomelos en Ponferrada.

Artigos relacionados

Back to top button