DeportesPescaÚltima hora

Dous valdeorreses premiados na Gala de Pesca Deportiva Galega celebrada en Coristanco (A Coruña)

Os pescadores premiados na gala./ Foto cedida.

 

Na xornada deste sábado 26 de novembro celebrábase en Coristanco (A Coruña) a Gala de Pesca Deportiva Galega na que eran recoñecidos, pola súa adicación e traxectoria, dous pescadores valdeorreses: Raúl Álvarez e José Manuel Pinto, ámbolos dous membros da Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras.

Raúl recollía o premio e o diploma como Campión Galego de Auga Doce nos anos 2019 e 2022 mentres que José Manuel era premiado por quedar clasificado para o Campionato de España aínda que non podía asistir ao acto  que contou coa presenza da directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo.

 

Raúl Álvarez recollendo o premio./ Foto cedida.

 

Durante a gala, que se celebra cada catro anos e nesta edición galardoaba a 117 deportistas galegos, a directora xeral puxo en valor a colaboración do Goberno galego coa Federación Galega de Pesca Deportiva para divulgar os valores medioambientais da desta actividade, un sector clave e con moita tradición en Galicia, e para espertar o interese das novas xeracións para garantir a remuda xeracional. Nesa liña, lembrou que para achegar aos nenos e mozos galegos ao mundo da pesca, “a Xunta tamén está a impulsar outras medidas, entre elas, que os rapaces de ata 14 anos poidan practicar a pesca sen necesidade de sacar licenza ou a exención do pago das taxas correspondentes para todos os menores de idade un ano máis”.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button