DeportesÚltima hora

Dous xuíces de atletismo valdeorreses con 30 anos de traxectoria, entre os homenaxeados no congreso galego deste colectivo

Trátase de Yolanda Alonso e de Luis Manuel Trincado "Manichy", da Delegación Valdeorras

Entrega dos recoñecementos no Congreso Galego de Xuíces./ Foto: FGA.

 

O Comité Galego de Xuíces (CGX) celebraba nestes sábado 25 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago o seu V Congreso Técnico de Xuices de Atletismo coa participación de 75 asistentes procedentes de todo Galicia e do resto de España.

Este evento busca ser un escenario de formación, encontro, actualización e aprendizaxe do colectivo e contaba coa presenza de catro conferenciantes de gran nivel aos que se sumaban xuíces internacionais tanto do Comité Nacional como do Comité Galego, o que pon de manifesto a calidade deste importante acontecemento.

A mesa de autoridades estaba formada polo presidente da Federación Galega de Atletismo (FGA), Iván Sanmartín; polo presidente do CGX, Eloy Bretal, e a pola directora do congreso, Loreto Pérez. Tamén asistía a subdirectora Xeral de Xestión Deportiva Mar Teijeiro, en representación da Xunta de Galicia.

Ademais, no decurso do acto rendíase homenaxe aos xuíces e xuízas que levan máis de trinta anos en activo. Entre eles había dous valdeorreses, Yolanda Alonso e Luis Manuel Trincado “Manichy”.

Con esta xornada, o congreso achégase a súa quinta edición logo das celebradas no ano 2012 na cidade de Pontevedra, no 2014 na da Coruña, no 2016 en Ourense e na do 2018 novamente en Pontevedra.

Artigos relacionados

Back to top button