ConcellosÚltima hora

Dúas horas e media sen luz en San Xoán de Río

Esta é xa a segunda ocasión que este municipio rexistra un apagón longo, tras o do pasado mes de xullo

San Xoán de Río a escuras./ Foto cedida.

 

Ás 18h. desta tarde de 14 de novembro producíase unha avaría elétrica que deixaba sen luz á parroquia de San Xurxo no municipio de San Xoán de Río. Unha hora despois, quedaba sen subministro eléctrico boa parte do concello de Río, que non o recuperaba ata ás 21:30h., tal e como explica o seu alcalde, Xosé Miguel Pérez. “Ou sexa, case todo o muncipio estivo dúas horas e media sen luz e nunha parroquia foron case catro horas”, resalta o rexedor.

Esta é xa a segunda ocasión que este municipio sofre un apagón longo. Así no pasado 4 de xullo Río chegou a estar sen subministro eléctrico durante un total de oito horas.

 

Artigos relacionados

Back to top button