OurenseÚltima hora

Dúas nadadoras do Sincro Ourense, no top 30 alevín da Real Federación Española de Natación

Estela Ojea e Iria Fernández asistirán ao Campus Ránking 30 de Natación Artística Alevín

 

Facer un seguemento ás 20 mellores nadadoras na categoría alevín na pasada tempada e ás 10 mellores do ránking 2018/19, é o obxectivo do Campus Ránking 30 de Natación Artística Alevín organizado pola RFEN e dirixido por Ana Montero (Directora técnica de Natación Artística da RFEN), que contará coa presenza de catro nadadoras galegas, dúas delas do Club Sincro Ourense.

Así, Estela Ojea Vázquez e Iria Fernández Rodríguez estarán no top 30 alevín da RFEN, “unha porcentaxe máis que significativa nun ranking que ata o de agora viña sendo copado sistematicamente polos grandes clubs nacionais”, aseguran dende a federación galega.

Dende o club ourensán pola súa banda, explican que esta selección fíxose cos resultados do pasado campionato de España alevín de verán 1ª división no cal Estela quedou de 13 en figuras e Iria de 20. Ademais o só de Estela levouna ao posto 7 e o dúo con Iria subiunas ao posto 6. “Uns resultados históricos para o CNSO que agora dan os seus froitos, cunha magnífica oportunidade participando neste campus”, din orgullosos dende Ourense.

O campus celebrarase no Colexio Gredos San Diego en Buitrago de Lozoya (Madrid) do 28 ao 30 de decembro.

Artigos relacionados

Back to top button