OurenseÚltima hora

Dúas persoas feridas tras envorcar o coche no que viaxaban, en Xinzo

 

Na mañá deste luns 11 de setembro producíase un accidente de tráfico en Xinzo de Limia que se saldaba con dúas persoas feridas que eran trasladadas polos servizos sanitarios, tal como informan dende o 112 Galicia que activaba o aviso sobre o accidente ás 12 horas do mediodía, mediante a chamada dun particular que informada sobre “un coche envorcado en Solbeira de Limia con dous ocupantes no seu interior que necesitaban asistencia sanitaria”.

Desde o 112 Galicia informouse de forma inmediata a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense, aos Bombeiros de Viveiro, ao GES de Cervo, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos membros de Protección Civil.

Finalmente, “aínda que a aeronave tomou terra no lugar dos feitos, os dous feridos puideron ser evacuados en ambulancia, que os trasladou ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense”, confirman dende o 112.

Artigos relacionados

Back to top button