ConcellosÚltima hora

Dúas persoas feridas tras unha colisión entre tres vehículos na N-120 ao seu paso por Pantón

 

Na tarde deste luns 30 de outubro producíase un accidente de tráfico no que se vían implicados tres vehículos e no que dúas persoas resultaban feridas

Tal como explican dende o 112 Galicia, os feitos sucedían no quilómetro 536 da N-120, na parroquia de Següín (Pantón) e en sentido Ourense, e as dúas persoas eran trasladadas en ambulancia ao hospital de referencia.

“Varios particulares chamaron contra as 14 horas”, explican dende o servizo de emerxencias, indicando que xa desde o primeiro momento coincidían en apuntar que “todas as persoas implicadas estaban liberadas e accesibles”. A continuación, os xestores do 112 Galicia daban conta dos feitos a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Monforte, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos servizos de mantemento da estrada.

Artigos relacionados

Back to top button