OurenseÚltima hora

Dúas persoas quedan atrapadas dentro do turismo logo de sufrir un accidente en Toén

 

Na tarde do sábado 29 de xuño, dúas persoas tiñan que ser escarceradas logo de sufrir un accidente en Toén, segundo indican dende o 112 Galicia asegurando que “un dos implicados explicou que colidiran contra outro vehículo”.

Pouco antes das 19:30 horas un particular chamaba ao 112 Galicia para informar dun accidente na OU-402, no quilómetro 10. “Durante a súa comunicación xa indicou que parecía haber persoas atrapadas no interior do vehículo” din os xestores do 112 Galicia que pasaban o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros do Carballiño, GES de Ribadavia, Garda Civil de Tráfico e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Toén.

Xa desde o lugar dos feitos, “os membros de Protección Civil confirmaron que había dúas persoas atrapadas dentro do turismo accidentado e logo de que os Bombeiros fixesen uso do material de excarceración, os dous ocupantes do vehículo foron atendidos polas urxencias sanitarias”.

Artigos relacionados

Back to top button