OurenseÚltima hora

Dúas picaduras de avespa en Ourense e Beariz esta mañá levan a mobilizar o helicóptero medicalizado

 

Esta mañá producíanse dúas picaduras de avespa na provincia, que levaban á mobilización dun helicóptero medicalizado, segundo informa o 112 Galicia. A primeira delas tiña lugar arredor das 10:45 horas. O 112 Galicia era alertado por un particular dunha persoa alérxica á que lle acababa de picar unha avespa no lugar de Beariz.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias coordinou para este operativo a acción do GES de Avión, da Garda Civil de Ourense e de Protección Civil de Beariz. Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pola súa banda, mobilizou ao seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Do mesmo xeito, e tamén na provincia de Ourense, o 112 rexistrou outro suceso destas características ao longo da mañá, esta vez no lugar do Burgo (Palmés, Ourense) dez minutos despois das 12:30 horas, e que obrigou a desprazar o mesmo helicóptero medicalizado, segundo a información do 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button