
Dous podios para Mónica Yáñez Pérez (Club Adas do Barco) no Campionato de España Máster de pista cuberta que se celebraba na derradeira fin de semana de novembro en Expourense.
A atleta barquense conseguía dúas pratas, unha na proba dos 60 v. cunha marca de 10.25 e outra en altura, cun rexistro de 1,39. “Foi a gran protagonista da xornada”, asegura o Club Adas, que tamén menciona os cuartos postos de Luis Campos nos 60 ml e de Elena Ledo nos 3.000 m. Ademais tiña previsto competir no triplo Pablo Brieva, pero lesionouse no quecemento.
